Baixo o lema '365 días en galego' a Deputación de Pontevedra presentou a programación que desenvolverá para conmemorar as Letras Galegas 2021 con actividades durante todo o ano dirixidas principalmente á xente moza. Espectáculos, exposicións, obradoiros para o ensino ata accións escénicas conforman este programa que está enfocado á mocidade. As primeiras actividades serán un espectáculo multidisciplinar en Vigo e Pontevedra os vindeiros xoves 13 e venres 14 de maio ás 19.30 da tarde titulado X Xela', no que todo xirará en torno a obra da autora mesturando tres formatos: música, poesía e fotografía, como ela mesma facía. A parte musical do evento correrá a cargo da Banda da Loba, a parte de fotografía tómase das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega; e a parte de poesía contará con catro poetas: Helena Salgueiro; Estíbaliz Espinosa; e Nuria Vil e Vanessa Glemsel. Para asistir será preciso solicitar convite nun formulario proximamente dispoñible en www.depo.gal/dia-das-letras-galegas.
Na presentación das actividades, a presidenta provincial; Carmela Silva, destacou que a programación da institución "é un compromiso real coa lingua e a cultura e a igualdade" e recolle amais as propostas "dos construtores e construtoras de cultura en Galicia, que veñen a propoñernos cousas e a falarnos a falarnos daquela intelixencia e talento creativo que hai fora dos despachos. E as tomamos como propias, o que fala dunha forma diferente de facer as cousas, aínda que temos que seguir mellorando". Pola súa banda o fotógrafo e viúvo de Xela Arias, Xulio Gil, agradeceu no seu nome e do resto da familia da autora o traballo de difusión sobre a súa figura e a súa obra, que segundo dixo xa quedarán recoñecidas de maneira atemporal. Gil fixo un repaso do traballo en conxunto entre a poeta e el como fotógrafo subliñando a importancia do ambiente cultural e de liberdade que se vivía no Vigo dos anos 80 para que puidera terse producido.
Obradoiros en centros de ensino e outras accións
En colaboración coa AELG o programa ofrecerá en diferentes centros de ensino de Primaria e Secundaria actividades 20 obradoiros sobre Xela Arias. A xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal será a encargada da parte de 3º e 4º da ESO, mentres o obradoiro Xelapalabra' correrá a cargo do escritor Jesús Castro Yáñez e dirixirase a 4º, 5º e 6º de Primaria, actuando como se fose un concurso televisivo no que as probas supéranse adiviñando pistas ou definicións de palabras relacionadas con Xela Arias. Celebraranse nas vindeiras semanas en Pontevedra, Vigo, Marín, Tomiño, A Estrada, Fornelos, Oia e Agolada, onde os centros xa esgotaron as prazas da AELG, que teñen unha longa lista de agarda. Haberá tamén dúas exposicións, a primeira titulada Lebres como gacelas', un proxecto multidisciplinar que integra palabra e imaxes, poesía e fotografía inspirada en "Tigres como cabalos" a obra de Arias con fotografías de Xulio Gil. Neste caso recollerá as imaxes da fotógrafa Eva Díaz e o fotógrafo Fran Herbello, así como poemas de nova creación baseados nelas a cargo de recoñecidas poetas galegas como Olga Novo, Alba Cid, Lara Dopazo, Lorena Conde, Antía Otero, Tamara Andrés e Miriam Ferradáns, coa idea de poñer en valor a figura de Xela Arias. A outra exposición será Xela Arias, a poesía do retrato', en colaboración co Concello de Vigo, que reunirá poemas da autora xunto a retratos realizados por Xulio Gil durante os anos 80 e 90, "co obxectivo de achegarnos á figura máis intima de Xela". Por último, programarase unha acción escénica no Castelo de Soutomaior para vincular a figura de Xela Arias coa de María Vinyals. Trátase de Vencerse é unha cousa de se tratar', unha proposta de Fernando Abreu na que participa Monica de nut, Pablo Carrera e Roi Fernández e baixo a dirección de Avelino González.