A primeira filmación cinematográfica da que se ten noticia en Santiago, que non se conserva, é de 1910, e a segunda, de 1920. Desde entón, a cidade foi escenario de case un centenar de rodaxes. Dar a coñecer a intensa vinculación histórica da capital galega co mundo do cinema é o obxectivo do proxecto Compostela Filmada, coordinado por Óscar Senra para o Concello de Santiago. A iniciativa, artellada a través dunha páxina web co mesmo nome, ofrece información dos máis de 90 filmes e doutros tantos documentais, curtametraxes e series nos que a cidade foi escenario das rodaxes. Ademais inclúese a información sobre os espazos de exhibición asà coma dos festivais como Cineuropa, Curtocircuito, Amal ou MICE. A páxina web inclúe nese sentido recursos dous mapas, un que ofrece un paseo pola historia das rodaxes realizadas en Santiago, e o Mapa dos Cinema(tógrafo)s, onde se relembran as salas de proxección históricas da cidade.
Por Compostela pasaron directores e directoras recoñecidos internacionalmente, como LuÃs Buñuel, Stanley Kramer ou Pedro Almodóvar; e actores e actrices mÃticos como Cary Grant ou Ornella Muti. Santiago tamén se converteu en plató de importantes producións galegas; sen esquecer, apuntou Óscar Senra, que foi berce de directores como Alfonso Zarauza, de experiencias como o Grupo Lupa, de compositores como Nico Casal ou cidade de acollida de Margarida Ledo Andión, LuÃs Tosar ou Mabel Rivera. A páxina web está feita ao estilo de guÃa cinematográfica, onde se recollen múltiples recursos. Por iso, durante a súa presentación, Óscar Senra animou a todas as persoas que dispoñan de material e contidos relacionados con esta temática, que os envÃen para incorporar á web. Inclúe unha recompilación bibliográfica, unha selección de biografÃas de persoas relacionadas tanto co mundo do cinema como coa nosa cidade, tres liñas do tempo (unha xeral, outra que mostra a historia a través das rodaxes aquà realizadas, e unha terceira sobre o cineclubismo), e un amplo inventario de rodaxes; asà como un apartado de galerÃas fotográficas, con carteis, trailers e vÃdeos completos de filmes, series, curtametraxes e documentais. Tamén incorpora un blog, segundo explicou Óscar Senra, con diferentes novas ao redor de Compostela Filmada, entrevistas a persoas do mundo do cinema relacionadas co concello, e artigos que desenvolven distintas temáticas cinematográficas.