***ACTUALIZACIÓN 7/05/2021***
A Fundación RosalÃa de Castro suspendeu o recital previto por mor do feche perimetral do Concello de Padrón derivado da situación sanitaria.
*************
A se achegar o DÃa das Letras Galegas, danse a coñecer diferentes programas para conmemorar a data con Xela Arias como protagonista. Deste xeito, a Fundación RosalÃa anuncia para este oito de maio o evento Daquelas que cantan. A iniciativa recupera, este sábado ás 20 horas, o recital homónimo que se celebrou en 1997 na sede da entidade con once escritoras galegas, entre elas Arias, que crearon poemas dedicados a RosalÃa acompañados pola música de Rodrigo RomanÃ.
Nesta nova xeira, a proposta reúne cinco daquelas creadoras, Chus Pato, Ana RomanÃ, MarÃa Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Pilar Pallarés, acompañadas de novo por RomanÃ, "para lembrar a Xela Arias e tamén a RosalÃa nun recital poético e musical no que tamén terán protagonismo as imaxes que realizou a fotógrafa MarÃa Esteirán" para a primeira edición, segundo explica a entidade organizadora.
Pola súa banda, a Universidade de Vigo, a través do seu Vicerreitorado de Pontevedra, anuncia tamén un programa para as letras que inclúe a presentación do poemario Nenas medrando, de Silvia GarcÃa e do libro-disco Saudades de alborada, no que Javier Jurado aborda a figura de Reveriano Soutullo. Para o dÃa 19 desenvolveranse as actividades especÃficas sobre Xela Arias, cun de MarÃa Xesús Nogueira e a presentación do número extraordinario que a revista Tempos Novos dedica á poeta. Canda a isto, Clara Pino e Pablo Vidal interpretarán varias pezas nacidas de poemas da autora. Para o xoves 27 está prevista a proxección do documental Xela arias, poeta nas marxes de Beatriz Pereira, produción que xorde do traballo de fin de grao desta titulada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo.
O Concello de Santiago de Compostela, pola sua banda, integrou na programación da Festas da Ascensión varias sesións do paseo guiado (Re)coñecendo a Xela Arias, que repasa a vida e a obra da autora a través de varias localizacións da capital.