A situación de enfrontamento entre o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o sector cultural ten un novo episodio na campaña #EmerxenciaCulturalOurense, que nace en resposta ás polÃticas culturais do edil abertamente hostÃs cara á programadores, axentes e programas culturais da propia cidade. Tras unha reunión asemblearia aberta a profesionais da cultura e cidadanÃa ven de crearse o colectivo 'Emerxencia Cultural Ourense' cuxas primeiras accións son a difusión dun manifesto en defensa dos dereitos culturais da cidadanÃa e unha campaña gráfica nas redes e nas rúas da cidade a través dun distintivo gráfico amarelo que xa leva varios dÃas a encher os perfÃs de artistas, colectivos e persoas interesadas na cultura en toda Galicia. Malia que o colectivo, na súa páxina web non ofrece os nomes de todas as entidades ou persoas que participan da iniciativa, tanto a organización do Ourense Fotográfico como, segundo informa La Voz de Galicia, os responsables do Cineclube Padre Feijoo e a compañÃa Sarabela Teatro, entre outros están entre os impulsores do manifesto e a campaña. Considéranse un "colectivo aberto cara unha mellora radical no ámbito da polÃtica cultural"
"As persoas que asinamos reclamamos que se respecten os nosos dereitos, rexeitamos o desleixo, o desmantelamento da Cultura en Ourense e esiximos o cese do actual rexedor", di o manifesto de Emerxencia Cultura Ourense, que acusa a Pérez Jácome de intentar "converter a cultura pública en show busines". No documento fan un chamamento de adhesión na defensa dos dereitos culturais a toda a cidadanÃa, tanto colectivamente a través de calquera tipo de asociación ou institución asà coma a nivel individual a profesionais da cultura aos sectores económicos, á hostalarÃa, ao comercio e ata "ás Asociación de veciños". "Desprezar á nosa cultura é desprezar os nosos recursos, artÃsticos, sociais, económicos", aseguran no manifesto, " Porque a cultura é saudábel, ilumina, alimenta, protexe e intensifica a vida. Porque é útil e necesaria. Toda polÃtica pública debe basearse en coñecer, planificar e garantir dereitos". Desde a campaña en amarelo sinalan a necesidade da emerxencia en feitos e anuncios que enumeran: "ao peche do Auditorio, súmanse as cancelacións de actividades e apoios ao tecido cultural de base, o desmantelamento dos Centros CÃvicos, a desaparición da Banda de Música, os peches inminentes da Sala Valente, a anulación do Arquivo e do Museo municipais. e o recente anuncio da posÃbel liquidación da Universidade Popular". En recentes declaracións o alcalde acusaba, tanto a programadores coma aos axentes do sector cultural, de manter unha oferta cultural elitista cos cartos públicos e apostaba por levar a cabo unha programación municipal cos únicos criterios de mercado e demanda.