O Número 0 da nova revista da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo sae baixo o nome de Lapsus calami e céntrase no marco teórico do erro como virtude, que ademais inclúe na súa propia calidade editorial. As 300 copias postas en circulación desta publicación de carácter anual inclúen cadanseu "erro" na diferenza de tintas e saturacións da impresión, resultado do traballo de impresión coa máquina Riso SF9350 da Facultade, un hÃbrido entre a serigrafÃa e a fotocopiadora que consegue resultados irregulares. Esta publicación inclúe obra gráfica e textual de profesorado, alumnado e profesionais e supón a estrea do selo editorial Error es Bien, nacido dentro da propia facultade. Asà mesmo, a edición do anuario coincide co 40 aniversario da presenza das artes no contexto universitario español.
Este número 0 do anuario conta coas seccións tituladas PÚA, VERTEBRADOS, IN/OUT e UN BORDE. No primeiro apartado, a revista presenta artigos breves sobre o tema da publicación, o lapsus cálami, e inclúe escritos dos docentes Juan Luis Moraza, Mª José Fabello, Elena Lapeña e Román Corbato. A tamén profesora de Belas Artes Almudena Fernández conversa coa egresada Isabel Flores nas páxinas tituladas IN/OUT, namentres Ignacio Pérez-Jofre, Juan Carlos Román e Juan Loeck achegan textos ensaÃsticos na sección UN BORDE. VERTEBRADOS constitúe unha “galerÃa de gráficas imprevistas” na que se introducen imaxes tanto de alumnado da facultade como de tituladas e titulados. Os traballos participantes foron seleccionados a través dunha convocatoria pública, cun proceso de revisión por pares avaliado por un comité cientÃfico de máis de 60 docentes e profesionais do mundo artÃstico. Dos 300 exemplares impresos, o Servizo de Publicacións da UVigo porá á venda 150 exemplares en librerÃas, mentres que o resto de unidades serán para as colaboradoras e colaboradores, para diversas bibliotecas de facultades de Belas Artes e para centros de arte. O anuario está dispoñible nunha versión en PDF para descarga.