O Proxecto TERRA é un proxecto de cooperación desde o mundo profesional da arquitectura co mundo da educación para ampliar o coñecemento sobre o hábitat e introducir reflexións sobre o xeito no que vivimos e nos relacionamos na nosa contorna. Nesas levan desde fai 20 anos e se canda fixeron 15 anos, no 2016, preparouse unha exposición itinerante achegando a varias ciudades os contidos, recursos e posibilidades que o Proxecto TERRA (da que nós falamos profusamente na reportaxe ' A casa e a paisaxe nas aulas') agora chega ao Museo Centro Gaiás unha nova versión desta exposición, plenamente consciente do legado de Xosé Manuel Rosales Noves -alma e motor indiscutible do Proxecto TERRA- coa responsabilidade de coidar e proseguir o seu traballo.
A exposición amosa o traballo desenvolvido por centros educativos galegos que levan participando co proxecto desde os seus inicios, e que inclúe ideas e proxectos propios, elaborados conxuntamente por profesorado e alumnado, nos que se tratan temas de Paisaxe, Identidade territorial, Arquitectura, Urbanismo, Medio Ambiente e, desde os últimos anos, Dereito ao Hábitat. Recompílanse nesta exposición inugurada o pasado 30 de abril e que estará na Cidade da Cultura ata o 27 de xuño, máis de sesenta proxectos e traballos educativos, nos que participou alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Con toda esta información preténdese presentar á sociedade galega un exemplo de boas prácticas da labor educativa e docente do noso país, que poida servir de inspiración e pulo a novas ideas e proxectos innovadores no ámbito educativo.