Esta semana inÃciase en Nova York a quinta edición do Festival Kerouca, a iniciativa poética nacida en Vigo e que agora, desde Nova York, celebra a multiculturalidade na poesÃa e as pontes entre Galicia e a cidade norteamericana, como un "laboratorio de propostas para expandir a poesÃa oral cara a arte e a música". Desta volta, son tres recitais poéticos que se celebran na propia rede e en emblemáticas localizacións de Manhattan como a igrexa de Saint Marks, no East Village, e a NYC Arts Empire Gallery. A participación galega estará case toda concentrada nun recital poético en streaming o mércores 5 de maio ás 20 horas titulado "Poetry like a bridge" (A poesÃa como ponte) e no que participarán Luz Pichel, Marga do Val, Xiana Arias, Oriana Méndez, Anna R. Figueiredo, Malvares e Iria Medraño, e mantido por Marcos de la Fuente. O festival continuará o venres 7 de maio cun recital no que participan poetas galegos, hispanos, bascos e norteamericanos e o 8 de maio cunha performance na NYC Arts Empire Gallery no Soho.