O Festival de cine de Málaga premia a Oliver Laxe pola súa traxectoria

O cineasta recollerá o Premio Málaga Talent na 24ª edición do evento en xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Oliver Laxe                                                           Foto: Vitor Mejuto

Oliver Laxe Foto: Vitor Mejuto

O Festival de Málaga de Cine Español ven facer pública a súa decisión de conceder o Premio Málaga Talent ao cineasta Oliver Laxe. O recoñecemento, que se outorga en colaboración co xornal La Opinión de Malaga entregarase na 24ª edición do festival que se celebra entre o 3 e o 13 de xuño. O festival premia en Laxe a súa traxectoria, da que destaca "unha ollada singular sobre o mundo e un forte compromiso co cine coma expresión artística", ademais dos numerosos premios recollidos coas súas obras desde 'Todos vos sodes capitáns'(2009) e 'Mimosas'(2015) ata a recente 'O que arde'(2019). O festival de Málaga lembra que Laxe é, con Víctor Erice, o único cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Málaga, Oliver Laxe, La Opinión...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares