Laura LaMontagne e PicoAmperio protagonizan o Concerto das Letras

Consello da Cultura Galega e Concello de Vigo organizan esta homenaxe a Xela Arias para o 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Laura LaMontagne e PicoAmperio protagonizan o Concerto das Letras

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro 16 de maio o Concerto das Letras que organizan o Consello da Cultura Galega e mais o concello olívico. Laura LaMontagne e PicoAmperio protagonizan esta proposta na que integrarán a súa música con versos de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2021. O Concello de Vigo acollía na mañá deste 29 de abril a presentación do evento. Durante a mesma o alcalde, Abel Caballero, lembrou a vinculación da poeta coa cidade e anunciou que lle dedicará unha rúa.

Segundo explicou LaMontagne "no concerto estruturamos o noso repertorio a pór no centro a creación de Xela Arias, vémolo como a nosa achega a todo o que se está xerar este ano arredor do seu traballo. No noso caso propomos tres bloques a nos basear nos poemarios Denuncia do equilibro e Tigres coma cabalos. Abordamos este material en forma de colaxe, a coller un pouco de cada cousa e establecer relacións entre poemas con varias pezas musicadas entrelazadas".

Para alén da asistencia presencial, o concerto poderá seguirse vía streaming polo web do Consello da Cultura e mais o da CRTVG, que tamén emitirá este recital no propio día 17 de maio pola súa segunda canle de televisión. As reservas para acudir ao evento poden facerse na plataforma Teuticket desde o web do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Consello da Cultura Galega, Concello de Vigo, Abel Caballero...