Na vaga de novidades discográficas que están a chegar estes dÃas, froito do intenso traballo creador dos artistas ao abeiro do confinamento o grupo Chicharrón tamén engade a súa propia achega cun novo traballo discográfico que, no seu caso, entra dentro das habituais dinámicas de produción do trÃo a álbum por ano. Unha fogueira intacta, editada co selo ferrolán Ferror Records, é o seu cuarto disco longo tras Cancións clÃnicas (Prenom, 2018) e está dispoñible para a pre-venda en vinilo ademais de nas plataformas dixitais.
O álbum inclúe once temas, con todas as letras en galego e escritas por Alberto M. Vecino agás Highway to heaven, poema escrito por Yolanda Castaño, contido no libro O puño e a letra (Xerais, 2018). Coma no anterior traballo os carballeses manteñen un pulso electrónico de ambientes escuros con fugaces chispas pop, que nalgúns momentos tornan apocalÃpticos neste traballo, sempre cun nivel de exquisitez polo mÃnimo detalle. A inclusión de sons ambientais, e mecánicos actúa sempre coma un hábil aditivo potenciador das sensacións a crear en cada tema. Talvez sexa o tema de peche do álbum, Xogando nunha praia de entullos o que deixa un pouso máis vitalista e aberto para rematar a escoita nel.
O disco foi producido por Rubén DomÃnguez e gravado no Estudio Terraforma do HÃo, en setembro do 2020 a pesares de que moitas das gravacións individuais fixéronse noutros lugares e foron incorporadas en estudio. Chicharrón, na actualidade en formato de trÃo conformado por Alberto M. Vecino, Rubén DomÃnguez e Mar Catarina contou para este traballo con numerosas colaboracións coma a de RosalÃa Fernández Rial (acordeón) Sara Iglesias (saxo), Xiana Arias, Berio Molina e Marco Maril. O resultado final foi masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, BerlÃn, en xaneiro.