O emblemático Boletín Auriense entra na rede no seu cincuenta aniversario

É unha das publicacións de referencia para coñecer a investigación histórica en Ourense

23/4/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: historia
28 lecturas | Compartido 0 veces

O Boletín Auriense é unha das publicacións imprescindibles para coñecer a investigación histórica e arqueolóxica de Galicia, especialmente a xurdida nas últimas décadas. Comezou a ser editada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 1971, e nela recóllese unha boa parte dos achados e investigacións sobre o pasado da provincia ata se converter nunha referencia indispensable para a investigación. Por desgraza, ata o momento os seus valiosos números, nos que colaboraron destacadas figuras como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lorenzo ou Ramón Otero Pedrayo entre moitos outros, aínda non están dispoñibles na rede. Pero co motivo deste Día do Libro, e para conmemorar os 50 anos da publicación, o Museo Arqueolóxico Provincial decidiu facer accesible en pdf o primeiro número. Alí publicouse o achado dunha das pezas arqueolóxicas emblemáticas de Galicia para coñecer o proceso de integración do noroeste ibérico no Imperio Romano, a "tessera hospitalis" de Castromao, vanse presentar investigacións sobre a arte ourensá e recollidas de folclore sobre bruxas.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados