
Pontevedra mantén o peso
O Anuario reflicte para toda España unha caÃda do 87% en número de concertos, o que deixou un total de 11.851 concertos celebrados en 2020 en todo o territorio estatal. Nas catro provincias galegas a publicación da APM rexistra descensos desiguais na facturación neta en cada caso. As cifras de baixada son sempre grandes pero o peso porcentual que cada provincia tivo na suma total do Estado reflectiu diferenzas entre elas. Asà nas dúas máis poboadas, mentres A Coruña sufriu un retroceso dun punto, pasando do 2,96% de 2019 ao 1,96% en 2020, a provincia de Pontevedra aumentou o seu peso estatal, pasando dun 1,23% ao 2,12%. Nas provincias interiores, Lugo tamén retrocedeu en algo máis da metade, pasando do 0,54% de peso estatal a un 0,22%; mentres, a provincia de Ourense apenas tivo cambio, deixando uns valores de 0,23%, similares so 0,21% rexistrado en 2019.
Segundo a lectura que fan desde a APM os datos recollidos nos primeiros meses de 2020 ata a declaración do Estado de Alarma facÃan prever un escenario en crecemento que poderÃan ter convertido o ano nunha marca histórica. Tanto a presentación como o propio anuario serven ao sector para reclamar un tratamento axeitado por parte das administracións acorde á cantidade de empresas e traballadores implicados na actividade musical profesional, asà como par aposicionarse ante os anuncios da prohibición de levar a cabo ningún tipo de eventos que estes dÃas foron obxecto de actualidade polÃtica e que, desde a APM sitúan nun contexto de "loita polÃtica eante as eleccións de Madrid". O sector reivindica os niveis de sguridade dos seus protocolos, amosados en 2020 que deberÃan er garantÃa nunha situación de mellora sanitaria como a previsible ante o aumento da situaciuón de vacianción, aseguraron na rolda de prensa.