A canle de Youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo estreaba na tarde deste 20 de abril o primeiro capÃtulo da serie Outras voces para as letras de Xela. O proxecto consiste nunha serie de quince pezas audiovisuais nas que "familiares, escritores e escritoras, artistas e persoas anónimas" divulgan "o legado de Xela Arias para a cultura galega do noso tempo a través de lecturas e interpretacións da súa obra e de reflexións biográficas". Cada martes e xoves estrearase unha nova peza ás 20:30 horas a achegar novas perspectivas sobre a homenaxeada no DÃa das Letras Galegas.
Nomes do mundo das letras coma Olga Novo, Marica Campo, Helena Villar, Rafa Lobelle, Carmen Blanco, Xesús Rábade, Lois Pérez ou Claudio RodrÃguez Fer participan da iniciativa, na que tamén aparecen familiares da autora como o seu fillo DarÃo Gil ou o seu irmán Lois Arias. Carlota Pérez aborda a autora desde a danza e a expresión corporal, mentres alumnado de distintos centros educativos fan parte das pezas a ler fragmentos das obras infantÃs e xuvenÃs da homenaxeada.