O Laboratorio Ecosocial do Barbanza publica na rede Cando eramos sostibles

O volume repasa experiencias e propón unha serie de principios para a sustentabilidade de proxectos rurais

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza publica na rede Cando eramos sostibles

Repasar leccións do pasado para aprendermos a construír un rural para o futuro. Esta é a base da que parte o volume Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro. A obra acaba que se presentou o pasado 9 de abril e está dispoñible na rede da man do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto que coordina a Fundación RIA en colaboración co grupo de investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela.

O volume parte da análise histórica e funcional do desenvolvemento agrario en tres casos concretos da comarca en Laíño, Froxán e Baroña. Os usos dos montes, os procesos de expropiación e innovación e as posibles leccións que se poden tirar destes casos aparecen debullados polo miúdo na publicación. Ademais, abórdase a problemática e posibilidades dos montes comunais e preséntanse unha serie de experiencias que poden servir de exemplo para futuros desenvolvementos sustentables. As Brigadas Deseucaliptizadoras, o monte veciñal de Couso, o do Carballo en Friol, a SAT a Pementeira ou a empresa Bico de Xeado son as iniciativas recollidas.

A partir dos casos estudados, a obra repasa as características que debe atender un proxecto no ámbito rural para garantir a súa sustentabilidade. A xestión comunitaria polos propios habitantes, o coidado do territorio, o establecemento de cadeas agroalimentarias curtas, a diversificación e a pluriactividade, o emprego de enerxía limpa de orixe local, unha baixa pegada ecolóxica e a creación de espazos de relación social lístanse como riscos imprescindibles neste sentido.

Logo desta publicación, o Laboratorio Ecosocial anuncia o desenvolvemento dunha nova base na que achegará apoio técnico e económico a iniciativas que se rexan polos principios de sustentabilidade recollidos na publicación. Estes proxectos semente "seleccionaranse mediante unha convocatoria aberta á presentación de candidaturas procedentes do Barbanza".

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Pedras que saben gardar silencio

Pedras que saben gardar silencio

Remata a intervención arqueolóxica na Corte do Santo (A Pobra do Caramiñal) amosando un espazo complexo e esquivo na información

O agro fai Historia

O agro fai Historia

A investigación histórica achega análises de importancia para o futuro produtivo do agro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Fundación RIA, Universidade de Santiago de Compostela, Carballo