Como xa ten ocorrido noutras ocasións desde o comezo da crise pandémica, o Diario Oficial de Galicia ven de publicar unha modificación de bases das subvencións da Xunta no relativo á cultura. Neste caso son as axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego as que a Axencia Galega de Industrias Culturais cambia, levando a cabo un aumento das porcentaxes máximas de axuda que poden recibir certo tipo de producións definidas a nivel europeo como obras difÃciles canto ao seu financiamento, realización e distribución. Este cambio atinxe ás curtametraxes, ás pelÃculas rodadas integramente en galego, ás realizadas por mulleres, as de dirección novel cun orzamento non superior a 1,5 millóns de euros, as dirixidas por profesionais cunha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%, aos documentais cinematográficos ou aos traballos de animación.
A modificación permitiralles financiar con estas axudas entre un 75% e un 85% do seu importe subvencionable, fronte ao lÃmite legal anterior do 50%. Ademais, para as coproducidas con paÃses iberoamericanos este máximo elévase agora ao 60%, porcentaxe que ata o momento só era de aplicación no caso das coproducións transfronteirizas no seo da Unión Europea. Xunto con esta modificación, ábrese un prazo complementario dun mes para a adaptación daquelas solicitudes xa presentadas no perÃodo inicial, pechadas o pasado 15 de febreiro, asà como para a admisión de novos proxectos que encaixen nas novas categorÃas tipificadas na resolución publicada hoxe. Estes cambios enmárcanse por parte do executivo galego no Plan de Reactivación da Cultura da Xunta. A medida aplÃcase de maneira urxente para intensificar o apoio nesta serie de casos concretos, adaptándose asà á posibilidade aberta polo novo regulamento estatal de desenvolvemento da Lei do Cine.