Se algo define á espectacular paisaxe da Ribeira Sacra é a arquitectura de socalcos que transformou as pronunciadas pendentes que descenden aos rÃos Miño e Sil e que hoxe os veciños chaman a ribeira. Esta mañá presentáronse na Pobra do Brollón os resultados dunha investigación que permitiu a primeira datación cientÃfica da construción das terrazas escalonadas no Val do Frade, na parroquia de Vilachá de Salvadur, e os cientÃficos consideran que "poden ser extrapolables a boa parte da Ribeira Sacra". Lonxe da estendida crenza da súa orixe romana, os arqueólogos pensan que na zona o uso agrario das ladeiras comezou no século X, pero o momento decisivo de transformación da paisaxe natural en socalcos sucedeu no século XII, coa chegada da orde monástica do CÃster á zona.
"Estamos rematando cos mitos eruditos de que a Ribeira Sacra é unha paisaxe creada polos romanos e que se puido ter convertido en relato hexemónico na zona", sinalou Xurxo Ayán, director do proxecto de intervención dos Conventos, en Vilachá, unha estrutura monástica altomedieval ao redor da cal se realizaron as intervencións arqueolóxicas que permitiron a datación. O proxecto, dirixido polo Instituto de Ciencias do Patrimonio e financiado pola ConsellerÃa de Cultura, foi liderado pola edafóloga Cruz Ferro, quen levou a cabo unha serie de análises en terrazas a diferentes alturas da ladeira e a distintas distancias con respecto ao núcleo monástico, datado xa no século X.
Ferro distinguiu tres fases do uso agrario dese espazo que puideron ser datadas con Carbono-14. Na sondaxe máis próxima ao recinto sagrado, conseguiron unha datación do século X, coincidente coas obtidas polos arqueólogos no interior do recinto. Foi a única sondaxe que puido ser datada tan atrás no tempo e os cientÃficos pensan que pode ter que ver cunha pequena explotación agraria vinculada ao establecemento. Nas sondaxes máis distantes dos Conventos puideron ver unha segunda fase que se remontaba ao século XII. "A nosa interpretación é que nestes momentos se produce unha expansión da actividade agrÃcola e unha intensificación das intervencións na zona". Esas cronoloxÃas sinalaban que non só se estaban facendo máis terrazas, senón a distintas alturas e polo tanto con diferentes condicións de solo, temperaturas e humidades, "diversificando os nichos ecolóxicos". A terceira fase indica unha reformulación das terrazas no século XVI, que ten que ver cunha estratexia agronómica diferente".
Para o arqueólogo Xurxo Ayán, "a coherencia do datos é tremenda. Podemos reconstruÃr cinco séculos dunha paisaxe simbólica" na que se producen profundos cambios na economÃa local. Ayán vinculou esas fundacións do século X co nacemento dunha paisaxe de pequenos recintos monásticos promovidos pola aristocracia –na que sobrancean as figuras de mulleres nobres- e as comunidades locais, que "vai desaparecer pola instalación do CÃster no século XII". Precisamente, esa segunda fase do século XII terÃa lugar pola presión feudal dos mosteiros da zona para transformar o espazo. "De feito converten un espazo simbólico e sagrado coma os conventos nun centro de produción e consumo de viño. O CÃster vai obrigar a esas comunidades que eran medio libres a cultivar e a construÃr esa paisaxe que hoxe coñecemos", sinala Ayán, quen é moi crÃtico co relato turÃstico que sitúa as orixes da paisaxe vinÃcola da Ribeira Sacra en época romana: "A UNESCO procura aquà dúas cousas: que haxa proxectos con participación das comunidades locais, e que haxa investigación cientÃfica que alicerce e explique a xénese desta paisaxe".
Queda a dúbida sobre a capacidade dos datos para explicar esa xénese a nivel de todo este espazo que opta á declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Para Cruz Ferro, "a pregunta é se os datos de Val do Frade poden ser extrapolables a toda a Ribeira Sacra. Consideramos que certos procesos poden ser extrapolables, pero o Val do Frade é só unha pequena parte do territorio e é preciso continuar coas investigacións para ver se todo isto se aplica a toda a Ribeira ou inflúe a proximidade do mosteiro".
Socalcas, ou pataos, como se coñecen localmente, hai abondo para seguir investigando.