Continental levará ás pantallas a vida e a morte de Ramón Sampedro

Protagonista dende o alén

A vida e a morte do tetrapléxico Ramón Sampedro será inmortalizada nun filme. A productora Continental é a encargada da idea, que se comezará a rodar en decembro en Borio cun elenco de actores galegos.

Ramón Sampedro


Ramón Sampedro reivindicou durante os 29 anos que estivo recluido na súa habitación, o dereito a morir dignamente. Logo de preparar minuciosamente a súa morte, na que precisou da axuda debido ó seu estado de impedimento, Ramón Sampedro escribiu unha carta (á que ofrecemos un enlace) explicando a súa situación. A súa morte, o doce de xaneiro de 1998 reabreu un duro debate sobre a eutanasia no noso país. Un tema que a productora Continental pretende levar ás pantallas.


Continental


No mes de decembro Boiro comezará a rodaxe do filme sobre a vida de Ramón Sampedro. Unha historia coa que se contará cun reparto de actores nos que destacan Ernesto Chao, María Bouzas ou Sonia Castelo. Os dereitos do filme mercounos xa a TVG, de forma que se difundirá a través das canles da FORTA.
Esta non é a única producción que ten prevista Continental dentro deste acordo, senón que tamén producirá outros dous títulos "Pasión adolescente " e "Un mundo real".