A celebración este sábado, 27 de marzo, do DÃa Mundial do Teatro inclúe varias accións destinadas a difundir esta arte escénica máis alá dos recintos de actuación. Institucións como o Consello da Cultura Galega, A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e AFundación de ABanca presentan algúns destes contidos especiais. Onte presentábase tamén o Manifesto galego do DÃa Mundial do teatro e dentro do programa do FLIV estñan prevista a emisión de lecturas dramatizadas. Pola súa banda a MIT reivindica neste dÃa con forza o papel de capital do teatro para Ribadavia a través dun programa de actos en coordinación co concello que inclúe as lecturas dramatizadas de escenas dos textos recoñecidos co premio Abrente da propia MIT, estas lecturas poderán seguirse en directo a través da web do Concello desde as 12 da mañá. Pola tarde no Auditorio da Casa da Cultura estréase o documental Non vale parar. Unha MIT en tempos da COVID, de Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. As realizadoras métense nas tripas da última edición do festival marcada polas circunstancias pandémicas.
Podcast de lectura dramatizada ‘A Lindona de Galicia’
O Consello da Cultura Galega escolleu esta véspera do DÃa Mundial do Teatro para presentar o proxecto A Lindona de Galicia, que pon en valor unha moi pouco coñecida obra do Século de Ouro español, ambientada nas loitas dinásticas polo trono de Galicia no século XI. Nesta obra emprégase o galego sen o habitual ton paródico co que se empregaba nas comedias españolas e portuguesas dos séculos XVII e XVIII, como a lingua da facción da protagonista, Lindona. Trátase dunha personaxe de ficción, unha poderosa señora de Galicia, amante do rei GarcÃa, a quen apresa despois de ser abandonada por el no momento de facerse co trono galego.
Para dar a coñecer a historia, o Consello da Cultura Galega preparou un contido especial na súa páxina web que inclúe o primeiro podcast elaborado pola institución. A ficción sonora está dirixida por Tito Asorey, quen a protagoniza xunto con Melania Cruz, Sergio Zearreta e Josito Porto. O podcast emitirase entre hoxe venres e o martes 30 de abril e preséntase como unha adaptación sonora da obra teatral clásica. A maiores, na web engadiranse tamén cada dÃa artigos de especialistas que axudan a contextualizar a obra.
Teatro en castelán no web de AFundación
En coincidencia coa efeméride teatral Afundación, a Obra Social de ABANCA, puxo en marcha desde este mércores, 24 de marzo, a través do seu portal dixital Afundación TV un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas na actual conxuntura de limitación de capacidades de espazos. De maneira gratuÃta e en aberto, cada semana, Afundación TV emitirá a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxes en castelán da compañÃa madrileña Secuencia 3. A apertura foi a cargo da obra El caballero de Olmedo e tras delas virán Nerón, Tristana, Hombres de 40 e pechará o ciclo Última edición o mércores 21 de abril.
Escoita o primeiro episodio de La Lindona de Galicia