A organización de Elas Son Artistas presentaba esta mañá no Teatro Colón da Coruña a cuarta edición dun festival de música e artes pola igualdade reconvertido en ciclo de eventos repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña de abril a decembro. Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada. Neste ano 2021 marcado pola situación sanitaria actual, a organización optou por manter e reformular esta nova cita cun cartel no que destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova York, Vanesa Álvarez, e a actriz Iria Pinheiro coa súa obra Anatomía dunha serea, entre outras moitas ofertas do cartel. Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual, etc) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición.
Segundo confirmou, Tomi Legido, codirector e director artístico do festival, varios dos patrocinadores de anteriores edicións non continúan coa súa aportación pola crise que están a vivir nas empresas, o que fai que teñan que seguir a procura de mecenados e patrocinios arestora. A pesares das dificultades do 2020 para sacar adiante parte da programación prevista o festival deu traballo a 87 persoas, un dato que quere destacar Tomi Legido. Os representantes dos oitos Concellos da área metropolitana agradeceron emocionados "que unha iniciativa como a de Elas Son Artistas non se renda en plena pandemia, co necesaria que é a cultura para a saúde mental". O festival comeza en Oleiros, en Santa Cristina o día 24 de abril coa actuación da catalá Mabel Flores presentando o seu segundo disco, Meraki. Xa en maio, en Bergondo, a actuación de Black co seu espectáculo Voces de Muller, en Betanzos con Iria Pinheiro e a obra teatral Anatomía dunha serea, e para finalizar o día 30 de maio coa artista madrileña Mäbu no Concello de Arteixo.