A RAG reclama a Patrimonio Nacional que publique en liña os códices das Cantigas de Santa María do Escorial

Trátanse das manuscritos coas ilustracións máis elaboradas

Calquera que busque na rede algunhas das imaxes máis icónicas das Cantigas de Santa María observará con extrañeza que as imaxes dispoñibles se atopan a moi baixa resolución, e que resultan moi difíciles de localizar. O motivo é que, a diferencia da maior parte do patrimonio bibliográfico medieval máis relevante do continente, os dous códices iluminados máis importantes das Cantigas de Santa María non están accesibles en liña. Pertencen á biblioteca de San Lorenzo de El Escorial, dependente de Patrimonio Nacional. A Real Academia Galega emitiu hoxe un comunicado reclamando a posta a disposición pública dos códices Rico e dos Músicos das Cantigas, tras contactar con Patrimonio Nacional en xaneiro para informarse sobre os plans da institución estatal ao respecto. Esta contestou cunha "breve resposta" indicando que a "dixitalización das obras de Afonso X se contempla na súa programación cultural e que está a expensas do desenvolvemento da planificación institucional, sen suxerir data ningunha para a súa difusión", segundo sinalou a RAG. Os outros dous códices que conteñen as Cantigas, tamén elaborados no tempo de Afonso X, un na Biblioteca Nacional de España e outro na Biblioteca Nacional Central de Florencia, si están dispoñibles na rede.