Santiago de Compostela acollerá entre os vindeiros 6 e 10 de abril a 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. O evento, que abre a temporada de festivais audiovisuais do país, optará por unha fórmula mixta presencial e virtual para facilitar a accesibilidade do público. Nesta xeira, o encontro abrirá o pano coa estrea do documental Negro Púrpura, no que Illa Bufarda trata sobre o caruncho do centeo. Tamén acollerá fóra de concurso a posta de longo de Os corpos, o audiovisual de Eloy Domínguez Serén sobre o Entroido e de Do not lean on door [work in progress], filme de Vicente Vázquez artellado a partir de imaxes rexistradas co móbil do director no metro de Nova York durante a semana do black friday.
A sección oficial inclúe as estreas a nivel estatal Skatepark dos estadounidenses Jonatan Lyrefelt e Kim Ekberg, Neiti Aika, da finlandesa Elina Talvensaari, La fôret de Mortada Ouahib e Lo Thivolle e Como el viento da arxentina Raquel Ruíz. A nivel galego estréanse neste apartado de Entre pastores e lobos de Manuel Pedrosa, Viagem aos makonde, de Catarina Alves Costa e Hostal España, de Chus Domínguez e Inma Álvarez. Tamén se proxectarán outros filmes desenvolvidos no país como A miña terra de Santiago D. Risco e Notas sobre a habitabilidade na Barca, desenvolvida polo colectivo Semente.
No programa, a sección Impropias recollerá filmes dedicados á memoria histórica con perspectiva de xénero, a proxectar filmes de Paz Encina, Alina Marazzi, Tiziana Panniza e Carolina Astudillo. O apartado Trazas, pola súa banda, coordinado polo Cineclube de Compostela achegará filmes arredor das escollas lingüísticas e da fala, con traballos de Philippe Durand, Marilú Mallet, Jean Pierre Gorin e Raoul Ruiz.
De xeito paralelo ao programa, o Museo do Pobo acollerá a exposición Ons Soa comisariada pola arqueóloga e etnógrafa Paula Ballesteros-Arias a partir do seu traballo de campo na Illa de Ons. N mesma pódese ver unha selección de fotografías e pezas audiovisuais tiradas da súa investigación no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC entre 2009 e 2013 xunto con materiais propios que foi recompilando dende finais dos 80 ata o 2016.
No campo formativo, o programa achega un curso sobre cinema etnográfico e obradoiros para público escolar.