A editorial A Nosa Terra publica o libro “Anxos de garda” que recolle os artigos publicados pola escritora Anxos Sumai en Culturagalega. org

O voo do anxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Anxos Sumai xa ve nos andeis das librerías os artigos que escribiu para a edición da fin de semana de Culturagalega.org. Co mesmo título que a sección da escritora, “Anxos de garda”, a editorial A Nosa Terra recompilou os artigos publicados entre setembro de 2002 e abril deste ano. O libro xa está nas librerías e ten previstos os actos de promoción en setembro. En “Anxos da garda” a escritora fai un relato en formato de diario de experiencias vividas apegado á actualidade das datas en que foi escrito incluíndo reflexións persoais e situacións que, sendo íntimas, son moi universais. A capacidade dos textos de enganchar aos lectores augura o éxito do libro .

Os artigos de Anxos Sumai en Fin de Semana e a súa anterior sección compartida con Roberto Ribao, ¿Anxos ou diaños?, recopilada na nosa Biblioteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

fin de semana 03/10

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Anxos Sumai, A Nosa Terra

Claves

Protagonistas