A hitoria dun mago que emprega os seus poderes nun Tui medieval envolto nas intrigas da separación de Portugal respecto de Galicia valeulle a Roque Cameselle o premio dun concurso de Guión da Xunta de Galicia. Este proxecto de longametraxe onda un documental é o seu xeito de apoiar a candidatura de Tui e de Valença a ser Patrimonio da Humanidade. Pero hoxe non é só Cameselle o único premiado. O ourensán Xurxo Oro acadou onte o grande premio da Bienal de Vila Nova da Cerveira pola súa escultura "Escalera X. 2000". E por se fose pouco, vén de chegar de volta de Lorient o gaiteiro Edelmiro Fernández, que se fixo por cuarta vez co trofeo Macallan ó mellor intérprete en gaita galega e asturiana.
A maxia do cine
Roque Cameselle, que actualmente estudia Comunicación Audiovisual, realizou un guión no que un mago conta a historia da súa vida en Tui entre o 1143 e o 1225. A pesar do toque fantástico que supón o emprego da maxia, o trasnfondo no que se desenvolve a trama é completamente histórico, coas guerras eclesiásticas e a separación de Galicia e Portugal como elementos que aportan intriga á historia. "Bieito Dubidoso", título do guión, non ten polo de agora ofertas para chegar a facerse realidade. Ademais deste proxecto, Roque está a traballar no guión dun documental ficcional para Portozás Visión. Neste documental, que pretende apoiar a candidatura de Tui e de Valença a Patrimonio da Humanidade, nárrase o descubrimento dun túnel que atravesa o río Miño por debaixo. Este documental poderá verse proximamente xa que será cedido de xeito gratuito ás televisións.
Escaleira de premio
Cando aínda onte falabamos da participación galega na Bienal de Arte de Vila Nova da Cerveira, non tíñamos idea de que teríamos que voltar aló tan rápido. Hoxe mesmo coñecemios que o artista ourensán Xurxo Oro Claro recibiu o Grande Premio desta XI Edición., dotado con dous millóns de escudos. Onda el, a pintora Rosa Úbeda, tamén galega, fíxose co galardón de Águas de Minho e Lima pola súa obra "Error Tecnológico". Este premio está dotado cun millón de escudos.
Oro Claro comezou a expoñer en Galicia en 1982 e actualmente ten obras nas colección de Caixa Galicia e do Centro Galego de OArte Contemporánea., sendo considerado un dos artistas plásticos cunha traxectoria máis coherente do noso país.
Pola súa banda, Rosa Úbeda ten unha carreira máis breve, sendo licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e tendo acadado unha bolsa "Novos Valores" da Bienal de Pontevedra e unha mención especial no IV Premio de Pintura "Eixo Atlántico".
Edelmiro Macallan
Edelmiro Fernández non deixou escapar por cuarto ano o trofeo Macallan na categoría de gaita galega e asturiana. Competindo con outros tres galegos, catro asturianos e catro gaiteiros procedentes dos centros da emigración de latinoamérica, Edelmiro foi o que mello interpretou as catro pezas galegas e as catro asturianas que esixía o certame. Edelmiro afirma así a súa calidade como gaiteiro, sendo o terceiro galego, con Carlos Núñez e Iván Costa, que se fan con este trofeo.