Desde hai algún tempo o sector do audiovisual galego móvese, ten máis presencia e notoriedade, tanto na prensa coma na carteleira. Pero hai produccións que non chegan a todas as salas, ou mesmo, despois de que saian do cartel... desaparecen de tal xeito que resulta moi complicado velas. Desde culturagalega.org quixemos responder á pregunta ¿onde podo ver o cine feito en Galicia?
Ciclos de cine, seminarios, en internet, VHS, DVD, son os aliados do cinema galego para poder velo mesmo cando non están en carteleira. Hai variadas fórmulas para achegarse ás produccións do audiovisual galego, pero todas desde institucións públicas.
Préstamo do CGAI
O Centro Galego de Artes da Imaxe é a pedra angular sobre a que se establece un depósito da maior parte das produccións galegas. E é o lugar a onde hai que mirar á hora de querer recuperar un traballo audiovisual.
O CGAI ten dous servicios de préstamos. O sistema explÃcanolo Mónica GarcÃa Iglesias, hoxe en dÃa encargada do servicio de préstamo; “por un lado está o servicio de préstamo de cine, que se leva desde o departamento de arquivo cinematográfico e acostuma a estar destinado a festivais ou a algúns concellos que organicen proxeccións en 35 milÃmetros. E logo está o préstamo en VHS do que temos copias de toda a producción galega que foi subvencionada pola Xunta”. E aquà entra o punto en cuestión, cada vez que a Xunta de Galicia, subvenciona dalgunha maneira unha producción, a productora está obrigada a que entregue unha copia ao depósito do CGAI.
Se as copias en 35 milÃmetros se solicitan para festivais e ciclos, as copias en VHS acostuman ser, explica Mónica, para “os institutos, as universidades, as escolas de idiomas, concellos, cineclubs, fundacións, lectorados, os centros galegos no estranxeiro...”
O servicio é completamente gratuÃto, pero nas condicións do préstamo figura que os traslados e os portes do material (os VHS non deben superar nunca os 10 tÃtulos) debe ser custeado pola asociación, concello, fundación ou investigador que demanda a información.
Para particulares, curiosos, e cinéfilos, non existe un servicio de préstamo a domicilio. E para suplir esta eiva na biblioteca (que abre en horario de 10:00 a 14:00 horas) hai dous postos de proxección en que poder ver calquera dos 162 tÃtulos que conforman, a dÃa de hoxe, o servicio de préstamo do CGAI.
O servicio é unha fonte de recursos para festivais, concellos e demais entidades. “No ano 2002, por poñer un exemplo, realizou 273 préstamos a 64 entidades ou profesionais”.
E ademais, do préstamos, o CGAI ofrece tamén a posibilidade de ver os traballos en rede. 10 longametraxes, 10 curtametraxes e 20 traballos de cine galego e restaurado que se poden ver desde calquera ordenador que teña conexión a internet.
Culturagalega.org e o Consello
E hai máis; desde o 2000 o Consello da Cultura Galega presentou o portal de internet culturagalega.org en que, entre todos os seus campos de traballo, destaca AVG, o soportal do audiovisual galego. Para Manuel Gago, director do portal “AVG tenta facer dúas cousas. Recoller actualidade, responder ás propias dinámicas do sector (as estreas, os lanzamentos) e facelo nun formato que permita que unha producción pase a formar parte dun centro de recursos. Queremos combinar a resposta á actualidade coa documentación”.
O soportal, nome dado á canle temática de cine, pretende asà dar dimensión de sector, e amosa o traballo que se está a facer en Galicia. Na medida do posible, pon en rede os traballos audiovisuais que se están a facer en Galicia, sendo unha boa forma de catalogación.
Hai unhas semanas, o CCG e a Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) subscribiron un convenio para a difusión do material da Asociación. O fondo pasará a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia, como material para investigadores, e culturagalega.org valerase deles para a súa difusión en internet. Ademais, subliña Manolo Gago “permitirá fortalecer a visión de AVG como centro de recursos, ademais de compatibilizar a visión da industria co entretemento”.
Festivais
Xunto coas iniciativas de AGAPI e do Consello, están tamén a morea de festivais, ciclos de cine, e demais proxeccións que organizan concellos, asociacións e fundacións. É a forma máis lúdica de ver os traballos que se fan en Galicia, pero tamén a máis esporádica, suxeito tanto a programacións, como a datas e aos criterios dos organizadores do evento. O festival de Cine de Ourense, as Xociviga, Xornadas de Cine e VÃdeo de Galicia....
VHS e DVD
O cine é un gran negocio e un gran mercado. Desde que a distribución non só se circunscribe ás salas de cinema, a aparición de formatos como o VHS e o DVD, a distribución doméstica abriu unha fenda de negocio completamente nova e de posibilidades infinitas. Xa non só para as productoras, senón tamén para todos os particulares que escollen onde e como ver eses traballos.
Continental, Filmax, Dygra e, en suma, as grandes productoras galegas, son as que levan a palma desta vÃa de recursos. É, polo tanto, posible atopar nos vÃdeoclubs e nas superficies comerciais “Sei quen es”, “O alquimista impaciente”, “Trece badaladas”, “O bosque animado” (todas elas en VHS e DVD).
O problema na comercialización do cine galego é que está fornecido por gran parte de pequenas productoras que moitas veces non chegan aos grandes circuÃtos de exhibición e quedan fóra das posibilidades de distribución, co que os seus traballos son moito menos comerciais e acadan menor divulgación.