A RAG reivindica o Día da Lingua Materna cun texto do pai de Xela Arias

O presidente da Academia reivindica a transmisión xeracional do idioma nun artigo

18/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: lingualiteraturaDía das Letras Galegas 2021
37 lecturas | Compartido 0 veces

Xeliña fala galego é o título do texto que o mestre e tradutor Valentín Arias publicou en 1968 a falar da experiencia da súa filla como nena galegofalante. Agora, a Real Academia Galega recupera esta creación para conmemorar o Día da Lingua Materna que a UNESCO celebra o 21 de febreiro de cada ano. No artigo, Arias fala do cuestionamento que na altura viviron por transmitirlle á filla, que neste 2021 é homenaxeada no Día das Letras Galegas e a augurar que a cativa de sete anos tería acceso a outros idiomas con máis facilidade que os rapaces monolingües.

En paralelo, o web da institución publica un artigo do seu presidente, Victor F. Freixanes, no que reivindica o valor afectivo da lingua materna. "A fala primeira sempre está aí, no corazón, na memoria das cousas, nos primeiros aloumiños, nas primeiras experiencias, mesmo inconscientes: a fala primeira que nos axuda a recoñecernos e, ao mesmo tempo, nos abre ao mundo, tamén a outras linguas", expresa.


Do mesmo ámbito

22/10/2009

Quiosco: Papeis da Academia

Sánchez Izquierdo fala da G2 no último número da publicación da Academia Galega do Audiovisual

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Día das Letras Galegas, Real Academia Galega, UNESCO

Claves

Protagonistas