Segundo se achega a celebración do Día de Rosalía, o 24 deste mes, coñécense novas iniciativas para homenaxear a autora por todo o país. Deste xeito, a Área de Cultura da Deputación da Coruña presentou a nova xeira do Festival Rosalía, que se celebrará de xeito integramente en liña entre os días 18 de febreiro e o 3 de marzo. No programa, diferentes "testemuños audiovisuais fornecerannos exemplos concretos do impacto e vixencia que hoxe ten a obra de Rosalía de Castro en diferentes ámbitos da creación artística galega do século XXI". Aid, Guadi Galego e Uxía desde a música, María Reimóndez, Rosalía Fernández Antía Yáñez do campo literario, Larraitz Urruzola, Nate Borrajo e Tero Rodríguez desde as artes escénicas e Zaza Ceballos no audiovisual participarán no encontro.
A estas sumaranse a creación e a artesanía coas firmas Amorote, Deica, Rei Zentolo OZOCOgz, Punto e Coma, e mais as librarías Pedreira e Lila de Lilith. Ademais, a Deputación anuncia "sete publicacións sobre sete localizacións relevantes relacionadas coa súa vida e que se englobarán baixo o cancelo #Rosalía7lugares".
Tamén a Fundación Rosalía leva ás redes a súa homenaxe e convida a facer a domicilio e compartir o xa habitual Caldo de Gloria, participar na Alborada para Rosalía coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ou ler ou recitar textos da autora. Canda a isto, desenvolverá o día 24 a plantación dunha filla da Figueira de Rosalía no Parlamento de Galicia e ofrendas florais da Praza de Vigo de Santiago e na Estatua do Espolón de Padrón.
A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, aposta por levar a autora aos espazos públicos coa iniciativa "Proxectando a forza de Rosalía!" que proxectará imaxes e frases da homenaxeada en edificios públicos de Vigo, Silleda, Caldas de Reis, Bueu, Salvaterra de Miño, Oia e O Rosal. Ademais, a sede da entidade na Cidade Olívica acoller a lectura do manifesto promovido pola AELG e mais do recitado en remoto de poemas de Rosalía a cargo de nenas e nenos dos centros educativos da provincia. Estes mesmos centros poderán participar tamén no concurso creativo de debuxo "A nosa Rosalía".