Timparrantela preséntase con Se te quixen foi polos grelos

Este septeto de mulleres parte da música de raíz para a súa proposta reivindicativa e poética

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Timparrantela preséntase con Se te quixen foi polos grelos

Desde Ourense chega Timparrantela, unha formación que aposta pola fusión desde a música tradicional cunha perspectiva poética e reivindicativa. Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxo), Olga Brañas (piano), Raquel Huete (tuba) e Marta Figueiredo (percusión) presentan o seu primeiro traballo logo de tres anos de actividade.

Se te quixen foi polos grelos achega dez temas nos que o grupo bebe "do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción". Os arranxos de Pedro Pascual fan parte de todas as composicións, da autoría de Olga Brañas e, nun único corte de Clara Pino, que propoñen sonoridades achegadas ao jazz. Nas letras, textos de Séchu Sende, Fina Casalderrey, Tamara Andrés ou Helena Salgueiro. A editorial Galaxia presenta o álbum en formato libro-CD, coas letras e fotografías do grupo combinadas con elementos de palcos de música. O disco foi gravado nos estudios A Ponte.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Timparrantela, Mulleres, Ourense, Tamara Andrés...