Unha xornada de Galix diagnostica a situación do libro infantil e xuvenil

A xornada retransmítese en directo a partir das 16 horas de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O peso do libro infantil e xuvenil no sistema editorial galego, e a presenza de disciplinas como o teatro e a banda deseñada dirixidas para eses mesmos públicos centran a análise da nova xornada de Galix, a Asociación galega do libro infantil e xuvenil que se celebrará hoxe luns pola tarde, a partir das 16 horas, transmitida en directo polo web do Consello da Cultura Galega. "Interesa dar a coñecer as fortalezas do libro infantil e apoiar aqueles xéneros que poden precisar dalgunha acción positiva", sinalan desde a organización. Entre os participantes, Manuel Bragado analizará o peso actual do libro infantil e xuvenil dentro do sistema literario galego, Chus Fernández explorará a situación actual do libro infantoxuvenil en Galicia e Xosé Ballesteros presentará a problemática dos libros informativos. O achegamento a outras disciplinas próximas será da man de Cándido Pazó, sobre o teatro, e Kiko da Silva, sobre a banda deseñada.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Teatro, Cándido Pazó, Xosé Ballesteros...