Petrifying Wealth achega un visor cartográfico de patrimonio medieval

O proxecto europeo de investigación xeolocaliza construcións pétreas de toda Europa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Mapa de Petrifying Wealth

Mapa de Petrifying Wealth

Un estudo europeo, dirixido pola investigadora Ana Rodríguez do Centro Superior de Investigacións Científicas, achega unha nova perspectiva sobre as construcións pétreas medievais europeas. Petrifying Wealth conta cun visor cartográfico no que se recolle a xeolocalización e datos de 17.000 edificios, entre eles varios centros de monumentos galegos. A iniciativa, que se centra na mudanza da paisaxe que supuxo a nivel continental a aposta pola construción en pedra entre os anos 1050 e 1300, recolle "a tipoloxía dos edificios, a súa cronoloxía, os materiais en que se construíron, os epígrafes relacionados con eles e as construcións desaparecidas".

Segundo explica o web do CSIC, o obxectivo do proxecto é "analizar as complexas dinámicas sociais que explican a velocidade e a extensión deste proceso, que axudou á creación de identidades colectivas e rexionais en toda Europa". O mapa, pendente de completar, permitirá no final de 2021 facer buscas por tipos de edificios, materiais de construción ou cronoloxía entre outros filtros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O patrimonio dos palcos

O patrimonio dos palcos

Unha investigación do INCIPIT revela as singularidades destas construcións que inzan a paisaxe rural galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Paisaxe, CSIC

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares