Teófilo Comunicación publica un libro sobre etnobotánica do Courel

María Moure de Oteyza presenta este estudo sobre as plantas medicinais da zona

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Teófilo Comunicación publica un libro sobre etnobotánica do Courel

Un estudo etnográfico sobre as plantas medicinais e os seus usos tradicionais na comarca do Courel. Esta é a singular proposta que fai a farmacéutica María Moure de Oteyza en María das herbas e as Herbaxeiras do Caurel. A obra, que está a chegar ás librarías da man de Teófilo Comunicación, é o resultado de dous anos de traballo, e para alén da análise das plantas e da súa utilidade curativa, recolle tamén ditos, lendas e cancións da zona, e presenta aquelas persoas que lle achegaron á autora estes coñecementos. A obra, que se centra nas plantas herbáceas silvestres, é a primeira dunha triloxía que atenderá tamén ás plantas leñosas e mais ás cultivadas que se empregan con fins medicinais.

A autora presentou o seu traballo en liña nun vídeo do Grupo Naturalista Hábitat

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Medios de comunicación

Claves

Lugares