Os Premios do Libro pasan a chamarse Follas novas

A gala está prevista para o 15 de maio

1/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Rematou a primeira fase de votación coa que todos os anos, os membros das tres asociacións convocantes (Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia) premian as obras e iniciativas literarias do país máis destacadas do ano anterior. A que antes se coñecía como Gala do Libro, pasará agora a denominarse Premios Follas novas, en homenaxe ao título publicado por Rosalía de Castro en 1880. Dábase a curiosidade de que a Gala do Libro era o único dos grandes premios culturais galegos que carecía de nome. A gala presencial está prevista para o 15 de maio, pero só se celebrará "en caso de melloría manifesta da situación en Galicia". En caso contrario, celebrarase coma neste ano anterior, de xeito virtual.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Asociacións, Lingua galega, Escritores...