A Academia de Cinema Catalán, que organiza os Premios GaudÃ, facÃa pública na mañá deste 28 de xaneiro a listaxe de nomeamentos á XIII edición destes galardóns. Na mesma, o filme Longa Noite aparece como unha das catro producións que opta a se facer co premio á mellor pelÃcula europea. O traballo de Eloy Enciso compite con Little Joe de Jessica Hausner, Sobre lo infinito de Roy Andersson e con Sorry We Missed You, dirixida por Ken Loach. O actor Mario Casas está tamén como finalista na categorÃa da mellor interpretación masculina polo seu traballo en No Matarás. Os resultados dos premios daranse a coñecer o vindeiro 21 de marzo.