120 evidencias distribuÃdas en 13 paneis son o material a partir do cal os arqueólogos veñen de publicar na prestixiosa revista cientÃfica Journal of Archaeological Science: Reports o artigo "Cova Eirós (Galicia, Spain): The ‘FinisterreÂ’ of Paleolithic cave art", unha visión de conxunto da arte rupestre localizada na Cova Eirós (Triacastela, Lugo), un xacemento arqueolóxico no que nos últimos anos lévanse realizando campañas de escavación e investigación. Os resultados son de enorme trascendencia: Cova Eirós supón por agora o xacemento máis occidental do continente europeo con arte paleolÃtica. No artigo, liderado por Marcos GarcÃa DÃez, supón a "ampliación do territorio da arte paleolÃtica no norte de Iberia máis alá do tradicional núcleo franco-cántabro" e amplÃa a cronoloxÃa desta arte ata o periodo final das sociedades de cazadores-recolectores, no 9500-9000 antes de Cristo. "HabÃa unha tradición simbólica paneuropea prdoucida polos últimos grupos humanos que tiñan esta actividade", sinalan os investigadores neste artigo.