200 científicos explorarán a riqueza do mar na nova Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo

A illa do señores da vida

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A illa de Toralla acollerá a nova Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo. A entidade xa dispuña dos fondos –achegados pola Unión Europea-, pero non daba atopado un espacio axeitado. Segundo o vicerrector de investigación, “necesitabamos un lugar ó lado do mar, onde non houbera vibracións, ruídos e o impacto ambiental non fora alto”. A nova Estación poderá acoller ata 200 científicos e recuperará un recheo situado na parte norte da illa, tentando integrarse ao máximo no contorno. Algunhas das liñas de investigación dirixiranse dende as áreas de bioloxía molecular, botánica, ecoloxía, bioloxía molecular e bioquímica.

Máis información no DUVI

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Unión Europea

Claves

Lugares