A USC presenta un libro sobre libros prohibidos e censura nas bibliotecas da universidade ao longo da súa historia

Luz e taquígrafos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Filosofía, historia, viaxes, educación, dereito, erotismo, ciencia, maxia, utopías, literatura e relixión son as doce disciplinas sobre as que se exercía a censura nas bibliotecas. Poucas cousas quedaron historicamente fóra do recorte da liberdade de divulgación do pensamento e ensino, como constatan os autores do libro “Heterodoxos e malditos. Lecturas prohibidas na Universidade de Santiago”, Concha Varela e Martín González. A obra presentada onte polo rector Senén Barro reflicte as censuras exercidas na historia do eido bibliotecario universitario incluíndo aspectos que enlazan os séculos de prohibición coa actualidade e presenta un catálogo das obras que foron apartadas a “salas negras” para impedir o libre acceso.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, USC, Filosofía, Educación...