“O soño dunha noite de San Xoán” é a producción audiovisual máis subvencionada pola Administración autonómica no 2003

Axudas de cinco (e seis) cifras

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“O soño dunha noite de San Xoán”, unha longametraxe en 3D que está a realizar Dygra Films, é a producción galega en desenvolvemento máis apoiada pola Administración autonómica, cun total de 595.000 euros no 2003 e 2004, segundo a resolución das axudas á producción audiovisual da Consellería de Cultura publicadas o venres no Diario Oficial de Galicia. Outras produccións subvencionadas serán “O club do bosque”, con 165.000 euros, tamén de Dygra, “Caso de corte” (150.000 euros) e "Pasarela na brétema" (120.000), ambas as dúas de Filmanova. No caso de proxectos de producción, a Xunta valorou especialmente o proxecto “Turionitas, perdidos na terra”, de Kmedia Conocimiento y Multimedia, con 62.500 euros. Filmanova, Galicia Media, Continental, Dygra e Pórtico de Comunicaciones foron as productoras con máis proxectos de producción subvencionados.

Máis información en Cine por la red; resolución no Diario Oficial de Galicia; productoras con ficha en AVG

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Xoán, Cine, AVG, Filmanova...