Un estudio amosa un diagnóstico da situación e posibilidades das empresas culturais en Lugo

Radiografía de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

No seminario sobre novas empresas e emprego no sector cultural e de ocio, realizado no Centro municipal Uxío Novoneyra de Lugo, deuse a coñecer o estudio realizado pola consultora IngCon sobre a situación da cidade neste tema. O diagnóstico destaca o potencial da cidade para a creación de empresas e postos de traballo en turismo cultural. O estudio considera que o modelo público debe abrirse á xestión de espacios culturais por parte de operadores privados e tamén observa que a actividade cultural actual é moi conservadora en expresións e metodoloxías de xestión. O informe da consultora tamén considera que as actuais infraestructuras para actos de mediano e gran formato non teñen un bo nivel, e que a multiplicidade de institucións que rexen nos museos lucenses é causa dunha falta de coherencia nas súas formas de actuar e de xestionar a súa actividade.

Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Uxío Novoneyra, Turismo, Museos...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares