Coa obra Trávelin o ribeirense Manuel Piñeiro facíase o pasado 16 de decembro co XXVII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta que organiza o Concello do Grove. O xurado recoñeceu cos 3.000 euros do galardón esta obra, que será publicada por Edicións Xerais. Alberto Avendaño, Armando Requeixo, Ánxela Rodríguez, Mario Regueira e Ignacio Vidal Portabales foron os responsables da selección, e destacaron a alta calidade dos traballos presentados. É a segunda vez que Piñeiro se fai con este galardón, que xa obtivera en 2015 coa novela O noiro.
Pola súa banda, o xurado o I Premio de Novela da Galicia Rural, que convoca o Concello de San Xoán de Río co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Editorial Galaxia, acordou este 29 de decembro deixar deserto o galardón. No fallo recóllese que das catro novelas presentadas "a pesar do atractivo dalgunhas propostas e do profundo dilema que supón para calquera xurado propoñer esta solución, considerouse que a obra premiada debía reunir unha serie de características lingüísticas, literarias e temáticas que non se viron reunidas suficientemente en ninguna das propostas examinadas". No entanto, o comité chama a convocar unha segunda xeira do galardón, que conta cunha dotación de 1.000 euros e a edición da obra.
Francisco Castro Veloso, Anna R. Figueiredo, Armando Requeixo Cuba, Tania Vázquez García e Miguel García-Fernández, canda a Xosé Miguel Pérez Blecua como secretario, foron as persoas responsables da decisión.