A longametraxe Ons, dirixida Alfonso Zarauza e protagonizada polo Antonio Durán "Morris" e Melania Cruz, chega este venres ás salas de cine comerciais. O filme estreouse o pasado novembro no Festival de Cine Europeo de Sevilla e pasou tamén polo festival Cineuropa de Santiago, onde o seu director recibiu un premio de honra. Ons chegará este venres a 16 cines de 11 localidades. En Galicia estará dispoñible en A Coruña (Marineda, Cantones, Yelmo Rosales); Vigo (Gran VÃa, Yelmo Vigo); Lugo (Códex, As Termas); Santiago (NUMAX, As Cancelas); Ferrol (Dúplex); Pontevedra (Teatro Principal); Caldas de Reis (Avenida); MarÃn (Cine Seixo); A estrada (Multicines central). Ademais a pelÃcula estrearase tamén en Madrid (Renoir Plaza España) e Barcelona (Boliche). Tras esta primeira semana de pases a longametraxe galega proxectarase tamén en Palma de Mallorca (Cine Ciutat) e Narón (Odeón Narón).
Ons é un drama con toques de misterio no que un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons, cruza o seu destino co dunha muller sen memoria que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse MartÃnez e Cris Iglesias. Trátase da quinta longametraxe do realizador compostelán Alfonso Zarauza tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). O filme foi rodado por enteiro na illa de Ons no outono de 2019 e conta cun equipo artÃstico e técnico 100% galego liderado por Alfonso Zarauza -que ademais asina o guion canda Jaione Camborda- con talentos coma o de Alberte Branco na dirección de fotografÃa, Elia Robles na dirección de arte, Sérgio Silva e David Machado na dirección de son ou Xavi Font na produción executiva. A banda sonora contén temas dos grupos Chicharrón e LeilÃa. Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.