Quiosco: Cadernos Ramón Piñeiro XL

A publicación dedícalle a Carballo Calero a súa nova entrega

A acabar o ano chega ás librarías o número corenta dos Cadernos Ramón Piñeiro, un monográfico dedicado a Carballo Calero a coincidir co seu Día das Letras. Publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, o volume conta con vinte achegas sobre o autor, entre elas a de
Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, sobre a actividade de Carballo nesta institución. Manuel González, pola súa banda, aborda a Gramática elemental del gallego común do homenaxeado e mais a creación da cátedra de galego na Universidade de Santiago de Compostela.




A relación de Carballo con Ferrol, da man de Germán Castro, ou perspectivas sobre as diferentes etapas vitais do autor están tamén presentes da man de Justo Beramendi, Claudio Rodríguez Fer, Malores Villanueva e Bernardo Penabade. Mª Pilar García Negro, Mario Regueira, Miro Villar, Henrique Rabuñal, Carmen Ferreira Boo, Xosé Manuel Dasilva e José Luís Forneiro achegan diferentes visións sobre o traballo literario do autor, a abordar a súa relación con ámbitos como a narrativa, a poesía, o teatro, a tradución, a literatura oral ou a literatura infantil e xuvenil. Luís Alonso Girgado, Ánxela Lema París, Rafael Chacón, Henrique Dacosta, Carlos Quiroga, Blanca-Ana Roig Rechou e Anxo Tarrío Varela completan a listaxe de colaboracións deste número.