Tres libros galegos nas listas IBBY de literatura infantil e xuvenil internacional

'Iridium' de Francisco Castro entra no catálogo de libros que tratan sobre dificultades especiais

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Tres libros galegos nas listas IBBY de literatura infantil e xuvenil internacional

A Organización Internacional para o libro Xuvenil (IBBY) decidiu incluír este ano nas súas listas de recomendación bianuais ata tres libros de edición galega. Dous deles na súa Lista de Honra e outro no catálogo de libros excepcionais sobre nenos con dificultades especiais. Este último caso é o de Iridium (Ed. Galaxia) de Francisco Castro, que conta unha historia cuxa protagonista é unha adolescente que sufre dano cerebral adquirido. Alén diso na Lista de Honra 2020 entra tamén no apartado de POESÍA o libro ilustrado de poemas Tinta de luz (Chan da Pólvora) de Pepe Cáccamo con ilustracións de Berta Cáccamo e na parte dedicvada a recoñecer as mellores tradución a Lista de Honra do IBBY 20202 inclúe a tradución ao galego feita por David A. Álvarez de Pippi Medias Longas (Ed. Kalandraka) , o clásico de Astrid Lingren. Todos estes libros estarán expostos durante a feira do libro de Boloña (Italia), a máis importante a nivel internacional para edición infantil e xuvenile as listas e catálogos nos que están terán distribución internacional.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Castro, Tradución, Literatura, Berta Cáccamo...