A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) está a verse na situación de ter que dirixirse por medio dunha campaña externa aos seus concellos asociados para evitar a cancelación acelerada de programación cultural sen motivos xustificados e reforzar neles a idea de que a cultura é segura. Segundo a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega en tan só dúas semanas leváronse a cabo más de 60 adiamentos e suspensións de espectáculos sen que houbese medidas sanitarias que os impedisen. Escena Galega colabora coa Fegamp nesta campaña que busca concienciar ás entidades locais no apoio á cultura lembrándolles que as medidas putadas pola Xunta de Galicia nas diferentes áreas nin prohiben a realización de espectáculos en teatros e auditorios malia restrinxir as capacidades dos mesmos e ter que cumprir con estritos protocolos hixiénico-sanitarios, nos que por outra parte a actividade cultural en xeral demostrou exemplaridade en todo este tempo. Tal e como lembran desde a Fegamp manter a programación evitará o afundimento de moitas compañÃas e aportará benestar á cidadanÃa.
Estas actitudes por parte dos concellos, sen xustificación nas medidas sanitarias e restricións vixentes, foron corroboradas onte mesmo en sede parlamentar polo conselleiro de Cultura e Educación, Román RodrÃguez, quen sinalou con preocupación estas elevadas cancelacións por parte dos concellos, aos que acusou de "poñer freos" á realización de actos culturais, segundo recolle Galicia Confidencial. Desde Escena Galega sinalan que aÃnda que algúns adiamentos teñen compromiso de reprogramación, afectarán fondamente aos calendarios escénicos do vindeiro ano e á viabilidade das produtoras profesionais galegas de artes escénicas. "Cremos que é o momento de coidar e apoiar o noso tecido escénico profesional, antes de que sexa demasiado tarde", din desde a asociación profesional da escena galega.