Un total de cen pezas de repertorio tradicional galego "e das comarcas da contorna" adaptadas e transcritas para ser interpretadas con acordeón diatónico. Esta é a proposta que achega De botóns, un cancioneiro para este instrumento realizado de xeito pioneiro por Carlos Quintá e Pedro Pascual, logo dun exitoso crowdfunding. A obra incorpora a este acordeón tradicional pezas de repertorios que van "desde o vocal ata o de gaita, pasando polo das murgas e orquestinas, o propiamente acordeonÃstico ou o de outros instrumentos coma violinos e harmónicas", escritas en linguaxe musical convencional con cadansúa proposta harmónica e rÃtmica.
Segundo destacan os autores na presentación da obra, este traballo "proporciona un material moi interesante para empregar con outros instrumentos, ben con un obxectivo artÃstico, ou como punto de partida para propostas pedagóxicas dos mestres e mestras. Engadimos un apéndice de fotografÃas históricas, na súa meirande parte inéditas, de acordeonistas históricos da Galiza, mulleres e homes, con toda a súa documentación no referente a autorÃa, ano, fondo, etc; asà coma unha parte bibliográfica coa orixe e información sobre o repertorio".