O presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo, anunciou este 9 de novembro que o Goberno Galego iniciará de xeito urxente o procedemento para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Emilia Pardo Bazán. A Xunta atende asà a solicitude da Real Academia Galega para protexer esta colección, da que 3.200 volumes están custodiados no Pazo de Meirás, mentres outros 7.000 fondos mantéñense en mans da propia RAG. O anuncio relizouse despois da xuntanza que mantiveron o propio Feijóo, o titular de Cultura, Román RodrÃguez, o presidente da RAG, VÃctor Freixanes, e o académico Henrique Monteagudo.
Segundo explica a Xunta a medida "considera no seu conxunto todos os fondos da biblioteca que a dÃa de hoxe están distribuÃdos en varios emprazamentos" e "blindará xa de xeito provisional a protección xurÃdica desta colección ao acadar o máximo nivel de tutela previsto na lexislación vixente", o que obrigará, por exemplo, a informar ao goberno de calquera posible traslado dos bens en mans da familia Franco.