A promotora do 17º Ribeira Sacra Festival inicia mañá un programa de concertos que baixo no nome de Música na Ribeira baséase na idea do Camiño de Santiago como fonte cultural de música propiamente galega, e como leito transmisor de cultura musical. O encontro conxuga a música en directo de novos talentos da escena galega en localizacións do Camiño de Santiago ao seu paso pola Ribeira Sacra. Unha iniciativa adaptada á situación actual que une a promoción da música en galego e a creación dunha peza audiovisual. Para a posta en escena contarase con Momboi, expoñente galego dunha nova xeración de artistas que fan música actual e en galego. Unha banda que fusiona a música pop con trazas de tradición latina, usando a súa lingua materna. Estarán este venres 6 de novembro no Salón de actos de Sober, ás 20.00 horas e o 7 de novembro no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela ás 13.00 horas. Dúas citas con capacidade limitada e reserva previa a través do correo electrónico info@festivalribeirasacra.com. Esta iniciativa de Dezasete Grados S.L. forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que apoia a promoción da cultura local, a lingua e os profesionais galegos que se viron afectados pola situación actual cunha paralización das propostas sen precedentes.