Ortigueira. Punta do norte de Galicia. 75.000 persoas reuniranse para pasalo ben nestes inicios do verán e escoitar algúns dos músicos que mellor baten nas cordas do folk nos últimos anos. O Festival Internacional do Mundo Celta, o evento musical máis consolidado do paÃs, abre de novo as súas portas con galas de aniversario. Xa van alá 25 anos de liberdade.
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, do 10 ao 14 de xullo de 2003. Como signo de identidade, aÃnda semella asomar a sombra dunha frauta, pelo longo, can apegado e sandalias sucias. Pero detrás das súas raÃces moi vinculadas a ese mundo hippy en desaparición que acudÃa en masa a principios dos 80, hai hoxe 420.000 euros que soportan dous escenarios, vinte bandas, un equipo central de 50 persoas e multitude de actividades paralelas, coma os cursos de verán que se realizan previamente e que hoxe rematan. Dende o ano pasado, un incremento orzamentario de 60.000 euros para poder soster as celebracións dos 25 anos. De ser unha actividade para “folkadictos” ata ser declarada Festa de Interese TurÃstico Nacional polo ministerio de EconomÃa e figurar no catálogos de Turespaña hai vintecinco anos de evolución. E de éxitos.
A festa que non remata
O Festival Internacional do Mundo Celta foi creado polos membros da Escola de Gaitas de Ortigueira. No ano 77 visitaran o Festival Celta de Lorient e decidiron inspirarse nel para crear un gran evento folk na súa vila. E será no ano 78 cando comece o espectáculo. Na edición 2003, grandes do folk de fóra como Shooglenifty, Hedningarda, Wolfstone, Hevia ou do paÃs como Xosé Manuel Budiño porán as grandes letras no escenario Estrella Galicia, o espacio para os grandes concertos. Mentres, bandas menos coñecidas, ou case noveis, do Estado español, tocarán polas tardes no escenario Runas, un espacio menor en tamaño pero tamén situado no corazón da vila. A sobremeda chegará, con todo, o dÃa 26 na Alameda da vila: Carlos Núñez e The Chieftains ofrecerán o concerto “¡25 anos de música libre!” como colofón para o 25 aniversario.
Cuestión de imaxe
A organización confÃa na fotografÃa como xénero da memoria en Ortigueira. O fotógrafo Xurxo Lobato acaba de editar un libro, publicado conxuntamente pola Deputación da Coruña e o Concello de Ortigueira, no que se recollen os 25 anos de exposición. E outro reporteiro gráfico, Xabier Carrasco, presentará a súa exposición sobre o festival do ano pasado. Ao mesmo tempo, o fotógrafo Xoán Piñón instalará os seus estudios dentro dos espacios do festival co gallo de facer un mapa humano do Festival, a tamaño natural, que representará a “sensación de velos realmente” nun catálogo de entre 40 e 60 fotos. Piñón fotografará xente de moi diferentes tipos sociais, para obter unha mostra visual representativa do Festival de Ortigueira.
...e máis multimedia
Este é o ano dos documentais. Xaime Fandiño presentará o sábado o documental producido pola TVG “O espÃritu de Ortigueira” no Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira e no Teatro Beneficencia Emilio Españadero realizará unha edición especial do histórico programa de música popular e folk da Radio Galega “Lume na palleira”. Ortigueira comeza a deixar de ser un evento para converterse nun espÃrito.

GalerÃa: 25 anos de Festival
Desfile na praza Isabel II. 1981
Foto: Xurxo Lobato

GalerÃa: 25 anos de Festival
Festa. 1981.
Foto: Xurxo Lobato

GalerÃa: 25 anos de Festival
Carlos Núñez coa Weiston & District Pipe Band. 2002.
Foto: Xurxo Lobato

GalerÃa: 25 anos de Festival
Rúas de Ortigueira. 2002.
Foto: Xurxo Lobato

GalerÃa: 25 anos de Festival
FESTIVAL ORTIGUEIRA
FotografÃas de Xurxo Lobato
Unha edición do Concello de Ortigueira e a Deputación da Coruña coa colaboración de La Voz de Galicia e a ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia.