O xoieiro Rodrigo Riveiro e o seu proxecto "Ferraxe de prata" cun escornabois elaborado en prata de lei, madeira e louza na modalidade de contemporánea e a cadeira de castiñeiro galego de Frank Buschmann (Sudáfrica, 1969), ebanista afincado en Corcubión, na de tradicional son os gañadores da XIII edición do Premio Antonio Fraguas de artesanÃa da Deputación da Coruña. Trátase de dous artesáns cunha traxectoria xa recoñecida anteriormente, posto que ambos gañaron tamén os Premios de ArtesanÃa de Galicia da Fundación ArtesanÃa de Galicia nos anos 2019 (Buschmann ) e 2017 ( Rodrigo Riveiro). Os gañadores recibirán os 6.500 € por modalidade cos que está dotado un certame que, ademais, contempla a compra das obras premiadas.
Do colgante de escornabois da obra de Ferraxe de Prata, o xurado apuntou que se trata de "deseño contemporáneo que recupera un tipo de ouriverÃa de autor, custosa e elaborada, que non foi tendencia nos últimos anos, cun discurso moi contemporáneo". Segundo sinalan, no artesán hai "unha determinación de presentar un tipo de traballo insólito dentro da cerámica galega". Destacan tamén que o escornabois, "ademais de ser estético ten unha funcionalidade, e suxire o uso da peza coma un relicario" no que consideran "unha peza única, que escapa da tendencia de industrialización da xoierÃa, identificación da peza coa autorÃa e non coa fabricación". O xurado atopou na obra de Rodrigo Riveiro outra connotación que fai referencia, "á presentación do propio escornabois como portador dun valor simbólico asociado aos bosques autóctonos e o respecto polo medio e a diversidade".
En canto á cadeira de Frank Buschmann, o xurado destacou que se trata dun "traballo con técnicas de ebanisterÃa tradicionais e factura exquisita". Valora "a intencionalidade de recuperar unhas técnicas tradicionais de ebanisterÃa que están decaÃdas xunto cun bo coñecemento das madeiras e a aposta polas técnicas exactas e clásicas da carpinterÃa, pero tamén cun deseño limpo e atemporal". A peza está deseñada con referencia en ideas sobre cadeiras feitas en Xapón nos anos 20 do século pasado achegándose a un resultado tradicional que, segundo o xurado "tira de modelos e maneiras de traballar que están máis asociadas ao tradicional que ao contemporáneo".