Alba Cid (Ourense, 1989), poeta e investigadora en poesÃa contemporánea ven de ser premiada polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional de PoesÃa Joven 'Miguel Hernández' pola súa obra Atlas, publicada en galego na Editorial Galaxia. O xurado elixiu esta obra "por constituÃr unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo", segundo comunica o servizo de prensa do Ministerio. "É poesÃa tanto do coñecemento coma da emoción, e presenta unha nova cartografÃa na que se funden o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma", din na acta e destacan que se trata dunha obra "escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldÃa". O premio, concedido está dotado con 20.000 euros. Cid está actualmente a cargo do Centro John Rutherford de Estudios Galegos da Universidade de Oxford.