O V Festival de Cine Inclusivo de Vigo fechaba este 18 de outubro co súa entrega de galardóns. Na mesma destacaron especialmente o filme Cuerdas de José Luis Montesinos, que se fixo co premio da sección de ficción, e mais Crip Camp, o traballo de James Lebrecht e Nicole Newnham que foi galardoado co premio á longametraxe documental. ParaÃso de Mateo Cabeza levou o galardón á mellor curta documental, mentres a webserie Indetectables de Apoyo Positivo foi a máis valorada polo público na súa categorÃa. En curtas de ficción, o xurado seleccionou Orquesta los Bengalas de David Valero e o público apostou por Xoves de comadres de Noemà Chantada, que tamén obtivo o premio AGAG ao mellor guión. Finalmente Homomaquia de David Fidalgo foi recoñecida co Premio CREA á curta con mellor dirección.
Pola súa banda,o 26 CineEco – Festival Internacional de Cinema Ambiental da Serra da Estrela, que se celebrou entre o 10 e o 17 de outubro na localidade portuguesa de Seia, outorgoulle o seu galardón principal a O que arde. O filme de Óliver Laxe foi recoñecido co Grande Premio Ambiente que se concede na competición internacional de longametraxes.