A que foi directora xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra desde o ano 2001, Pilar Portela, será destituÃda polo Concello. O despido enmárcase na vindeira disolución do Organismo Autónomo do recinto, previsto na reestruturación ca polÃtica cultural local anunciada pola concelleira de cultura Carmen Fouces o pasado 29 de setembro. A noticia foi confirmada pola propia Pilar Portela a través das súas redes sociais nun texto no que afirma "sentir pena" ao ver que, segundo ela, o traballo feito durante estes case vinte anos "estea a destruÃrse, cuestionarse e menosprezarse, sen ter nada claro cara ao futuro inmediato a partir de 1 de xaneiro". Os cambios que afectan ao posto de Portela foron anunciados pola concelleira Fouces coma "unha decisión que fomos adiando pero que xa facÃa tempo que estaba enriba da mesa", e sinalou que as estruturas coma o Organismo Autónomo "tiveron certo interese no seu tempo pero actualmente xa non son operativas e provocan unha duplicidade de servizos que consumen importantes recursos e aÃnda asà están mal atendidos porque é imposible ter todo o que precisan". Tras a disolución do organismo autónomo do Pazo, o Concello pasará a aprovisionar o Pazo, Teatro e Recinto Feiral das necesidades que teñan en arquitectura, enxeñerÃa, informática, ou saúde laboral.
A destitución de Portela motivou un comunicado da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, da que Pilar Portela ostenta a Presidencia, no que din atopar "sorprendente e inexplicable a estratexia cultural municipal de Pontevedra". Para a AGPXC as programacións do Pazo e do Teatro Principal de Pontevedra "estaban a ser excelentemente valoradas polo público e polos diferentes sectores culturais de Galicia" ata o punto que segundo eles "Pontevedra estaba a ser un modelo no que fixarse coa intención de mellorar infinidade de plans locais de cultura en moitos concellos galegos". Para a asociación demostra "un descoñecemento absoluto e perverso de quen se responsabiliza das polÃticas culturais" o feito de que o futuro da cultura pontevedresa renuncie aos servizos "de quen contribuÃu en gran medida aos éxitos culturais na cidade". A asociación de profesionais da xestión cultural rexeita "con contundencia" as intencións do Concello de Pontevedra e solicÃtalle "unha reflexión crÃtica e profesional sobre o futuro das súas institucións públicas culturais". "Deixar a cultura en mans de persoas que non acadan a ver as consecuencias de caprichosos experimentos polÃticos, é ofender e desprezar a cidadanÃa para a que goberna", conclúen desde a AGPXC.